actividades-educativas

O Departamento de Actividades Educativas e Culturais do CDN ten como labor fundamental a promoción e difusión das montaxes da institución entre os mozos dos centros de ensino (institutos, universidades, etc.) e entre os membros dos colectivos sociais interesados polo feito teatral (asociacións culturais, centros de educación de persoas adultas, grupos de teatro…).

Para isto, desenvolve unha serie de actividades, que contribúen a gozar máis das montaxes, a espertar o interese polo teatro e a consideralo non só unha vía de lecer senón tamén un vehículo de formación e perfeccionamento persoal.

Para calquera información, póñase en contacto con:

Concha Largo Ferreiro

Centro Dramático Nacional / Teatro María Guerrero
Tamayo y Baus, 4
28004 Madrid
Teléfono: 91 310 94 30
Fax: 91 319 38 26
Correo electrónico: actpedagogicas.cdn@inaem.mcu.es