actividades-educativas

Con esta actividade preténdese amosar o patrimonio artístico e cultural do Teatro María Guerrero, declarado polo Ministerio de Cultura Ben de Interese Cultural (RD 1 de marzo 437/1996), e do Teatro Valle-Inclán, permitíndolle ao visitante ter unha visión global das diferentes dependencias e ocupacións que concorren na actividade teatral.

Durante o percorrido, duns 45 minutos de duración, ofrécese unha síntese histórica do recinto, ensínanse as diferentes dependencias e amósase o equipamento técnico teatral.

Os grupos non poden superar os 25 membros. A actividade debe solicitarse con antelación e o seu desenvolvemento estará suxeito ás necesidades de programación da sala.

Contactos:
actpedagogicas.cdn@inaem.mcu.es
Teléfono: 91 310 94 30