• teatro-maria-guerrero
  • Teatro María Guerrero
  • insidemaria-guerrero
  • teatro_mar__a_guerrero_6673_635x
Teatro María Guerrero

Tamayo y Baus, 4
28004 Madrid
Teléfono: 91 310 29 49

Metro: Colón, Banco de España y Chueca

Autobús: Líneas 5, 14, 27, 37, 45, 53 y 150

Renfe: Recoletos

Aparcamientos: Marqués de la Ensenada, Plaza de Colón, Augusto Figueroa y Plaza del Rey

Acceso y Servicios para Discapacitados
Recinto equipado con un sistema de inducción magnética para transmisión de sonido a prótesis auditivas

Inaugurado o 15 de outubro de 1885, como Teatro da Princesa pola compañía de Emilio Mario, que representou a comedia Muérete y verás, de Bretón de los Herreros, e o sainete El corral de comedias, de Tomás Luceño, á súa estrea acudiron a raíña María Cristina e a destronada Isabel II, así como as infantas Isabel e Eulalia e unha escolleita representación da alta sociedade española da época. Cumpríronse así as expectativas do marqués de Monasterio, que mandara construír o edificio coa idea de convertelo no teatro máis selecto da época, prescindindo das localidades baratas e evitando o público badueiro que alborotaba moito e pagaba pouco. Pero a situación cambiou ás poucas semanas da apertura: tras a morte do rei Alfonso XII, co conseguinte loito na Corte e o forzoso retraemento da aristocracia madrileña, empezou un período de atrancos económicos para o Teatro da Princesa.

Xa naqueles finais do século XIX, a figura de María Guerrero principiou a asociarse ao escenario que anos máis tarde tomaría o seu nome. Daquela, a actriz obtivera a licenza para a explotación do Teatro Español do Concello de Madrid, pero as obras de reforma neste edificio obrigárona a organizar unha breve tempada na Princesa. E pouco despois, xa reaberto o Español, as continuas viaxes a América da compañía de María Guerrero comezaron a dificultar o cumprimento do contrato co Concello, polo que Fernando Díaz de Mendoza, esposo da actriz, actor e sobre todo empresario, decidiu mercar o Teatro da Princesa para poder alternar á súa conveniencia as xiras da compañía coas tempadas en Madrid.

Deste xeito, o 20 de marzo de 1908, María Guerrero e Díaz de Mendoza convertéronse en propietarios do Teatro da Princesa, que inaugurou con eles unha etapa de esplendor marcada por nomeadas estreas de autores como Jacinto Benavente, Valle-Inclán, Muñoz Seca, Álvarez Quintero ou Benito Pérez Galdós. Ao tempo, o matrimonio seguía coas súas xiras en América e enleouse no proxecto de construír o Teatro Cervantes de Bos Aires, o que debilitou notabelmente a súa economía e obrigounos a mudar a súa residencia de Madrid aos andares altos do propio Teatro da Princesa. Alí viviron até que a actriz faleceu, o 28 de febreiro de 1928.

Tras a morte de María Guerrero, o Estado español adquiriu o edificio na época de Primo de Rivera e utilizouno como sede do Conservatorio de Música e Declamación, con cesións ocasionais para funcións teatrais e festivais benéficos. En 1931, como tributo á súa última propietaria, o Concello de Madrid decidiu cambiar o nome do Teatro da Princesa polo de María Guerrero. En 1934 o Goberno da II República ofreceulle a Cipriano Rivas Cherif a concesión gratuíta do teatro para que o utilizase como sede do seu Teatro Escola de Arte. Co estoupido da Guerra Civil, o edificio permaneceu pechado até que en 1940 adquiriu a condición de Teatro Nacional e iniciou unha nova etapa na que tivo como directores a Luis Escobar, Huberto Pérez de la Ossa, Alfredo Marqueríe, Claudio de la Torre e José Luis Alonso.

Restabelecida a democracia, en 1978 pasou a ser sede do Centro Dramático Nacional, cuxa dirección lle foi encomendada a Adolfo Marsillach.

Tras la última remodelación, marzo 2003, conta cun segundo espazo, Sala da Princesa, para espectáculos de pequeno formato, con capacidade para 120 espectadores.