• teatro_v1_1
  • teatro_v1_2
  • teatro_v1_3
Teatro Valle-Inclán
Plaza de Lavapiés, s/n
28012 Madrid
Teléfono: 91 505 88 01

Metro: Lavapiés y Embajadores
Autobús: Líneas C, 27, 34, 36 y 41
Renfe: Embajadores
Aparcamiento junto al teatro:
Valencia, 19 y Amparo, 75
Otros Aparcamientos:
Argumosa, 35 y Ronda de Atocha, 10

Inaugurado o 14 de novembro de 1926 co nome de Sala Olimpia, o antigo edificio do Teatro Olimpia foi deseñado orixinalmente para a exhibición de películas, aínda que para a súa apertura se ofreceu un espectáculo de variedades.

A sala estreouse como teatro o 18 de decembro de 1979, coa obra Galileo Galilei, de Bertolt Brecht. Desde esa data e até 1984 o espazo foi xestionado pola Asociación Cultural A Corrala, que ofreceu unha variada programación de espectáculos O circo imaxinario de J. B. Thierrée e V. Chaplin, Faustode Goethe, Teledeum de Albert Boadella, etc. e acolleu algunhas montaxes do Festival Internacional de Teatro de Madrid, así como diversas producións do Centro Dramático Nacional.

O 20 de xullo de 1984 a Sala Olimpia pasa a ser a sede do Centro Nacional de Novas Tendencias Escénicas (CNNTE), dirixido por Guillermo Heras. Durante a primeira tempada prográmanse alí producións tanto do CNNTE como do CDN, e ambas as institucións colaboran posteriormente nalgunha coprodución.

En 1994, tras a desaparición do CNNTE, o edificio pasa a depender do Centro Dramático Nacional e adquire a denominación de Teatro Olimpia, converténdose na segunda sede do CDN.

En xuño de 1999, froito do convenio entre o Instituto das Artes Escénicas e da Música (Ministerio de Cultura) e o Concello de Madrid, iniciouse un proxecto de reconstrución do Teatro Olimpia, inscrito nun plan xeral de rehabilitación do centro histórico de Madrid. O proxecto culminou coa inauguración, o 21 de febreiro de 2006, do Teatro Valle-Inclán. Este novo e flamante teatro, con modernas e avanzadas dotacións para representacións escénicas, ten unha capacidade de 510 butacas e conta cun segundo espazo, denominado Sala Francisco Nieva, que en disposición á italiana ten unha capacidade de até 150 butacas.